19 ene 2011

TRABALLANDO POLA PAZ.


Estase acercando o 30 de xaneiro, Día da Paz. Como o proxecto deste curso LENDO E PINTANDO vai de arte, no folleto que elaboramos para conmemorar este día falamos de PICASSO, autor, entre outras moitas obras, do GUERNICA e da Pomba da Paz. Si queres saber máis cousas deste autor e destas  obras, preme aquí:
PICASSO Wikipedia
PABLO PICASSO Biografía
PICASSO Imáxes
GUERNICAWikipedia
GUERNICA Imáxes
ELGUERNICA DE PICASSO
GUERNICA  Por Alberto Granados
EL GUERNICA Crónica del horror 

Tamén facemos referencia ao Plan de Convivencia do colexio,
"un instrumento destinado a facer do centro educativo un espazo para a aprendizaxe da resolución de conflictos e da convivencia democrática para toda a comunidade educativa"
Pero podes ler máis cousas no folleto que elaboramos para repartir entre o alumnado co obxectivo de que o lean en familia.


Na columna da dereita do blog, temos recursos para traballar que atopamos en diversos  blogs, como  O RECANTO DE MIK , CASA DE TOL@S (http://casadetolos.nireblog.com/),  ORIENTACIÓN ANDÚJAR,   etc. Eles axudarán a resolver as cuestións que plantexamos nun folleto de búsqueda de información da colección " Puca quere saber..."


Ademais das actividades que se traballarán nas aulas, a nivel de colexio vamos facer o xogo do amigo invisible entre cursos do mesmo ciclo, para intercambiar agasallos feitos polo alumnado relacionados coa paz e coa pintura. Concretamente, en infantil e 1º ciclo van agasallarse con mandalas e en 2º e 3º ciclo, con postais co debuxo da pomba realizado a partir da silueta da man
Traballaremos as relacións afectivas a través dunhas consignas diferentes para saudarnos cada día da semana: o luns saudarémonos de palabra. O martes faremos un saúdo máis personal,con xestos. O mércores daremos a man. O xoves, un bico e o venres, un bico e unha aperta.

E para rematar, este vídeo de AMARAL sobre a canción ROSA DE LA PAZ


E esta oración de GANDHI

Humildemente me esforzaré en amar,

en decir la verdad,

en ser honesto y puro,

en no poseer nada que no me sea necesario,

en ganarme el sueldo con el trabajo,

en estar atento siempre a lo que como y bebo,

en no tener nunca miedo,

en respetar las creencias de los demás,

en buscar siempre lo mejor para todos,

en ser un hermano para todos mis hermanos.


Unha entrada moi completa, pero é que o tema meréceo.

1 comentario:

Alberto Granados dijo...

Gracias por enlazar mi relato.

Alberto Granados