Hoxe publicouse no Portal Educativo da Xunta a resolución do III Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou dirixidos pola biblioteca escolar durante o curso 2015-2016, convocado con data do 11de abril de 2016, no contexto do plan LIA de BIBLIOTECAS ESCOLARES e no que BIBLIOCERVO ven de gañar un dos dez premios concedidos na modalidade de "Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar", polo levado a cabo o curso pasado no Colexio de Cervo
.
.
"3,2,1 Acción!Un cole de película"
E unha maneira de estimular e recoñecer o traballo a traves de proxectos de caracter interdisciplinar que seguen a liña metodoloxica de aprendizaxe baseada en proxectos ou ABP e estamos
tan contentos por este recoñecemento ao noso traballo, que queremos
compartir esta boa nova coa comunidade educativa do colexio e con todos
cantos nos seguides a través do blog e da nosa biblioteca virtual.
Grazas a todos por colaborar e axudarnos a facer realidade os nosos
proxectos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario