BIBLIOCERVO.2

26 oct 2012

A BIBLIOTECA DOS NOSOS SOÑOS

 

Celebramos o Día das Bibliotecas visitando a nosa. Para as nenas e nenos de infantil de 3 anos  foi a primeira vez que acudiron a ela de xeito "formal" porque xa se pasaran por alí cando estiveron percorrendo o colexio para coñecer as súas dependencias.
Acudimos todos á invitación de Puca, que nos tiña preparados uns marcadores para lembrar esta  data, un folleto para levar ás casa, as chapas de Puca para o alumnado e profesorado que se incorporou este curso  e os carnés novos.  Un montón de agasallos que nos gustaron moito!
A cambio, as nenas e nenos de primaria explicaron os debuxos que fixeron sobre a biblioteca que lles gustaría ter, e bueno, houbo uns deseños moi  futuristas, moi virtuais, con libros móbiles, que acoden á chamada da voz, libros dixitais, sofás super cómodos, moito colorido, moito espazo, ...pero a mascota ideal segue sendo Puca. En fin...mellor que vexades as imaxes deste día tan especial. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario