Trasladamos ao alumnado e ao claustro do Ceip de Cervo os parabéns recibidos polas actividades do Día da Ciencia de Igaciencia e da Cgendl Coordinadora Galega Endl.
Copiamos as palabras de Manuel Díaz Regueiro:
"Só con ver o estupendo traballo das profes e dos profes do Ceip de Cervo e os seus marabillosos rapaces e raparigas podemos concluir que tanto a Ciencia como o Galego teñen futuro."
Nós pasamos unha tarde moi moi entretida e aprendemos moitísimas cousas sobre Leonardo da Vinci e os seus inventos. Estamos ilusionados coa idea de participar no IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro ano. Agardaremos as novas de Igaciencia para iniciar a preparación. Parabéns a esta asociación polo acerto na promoción desta data.
Poñemos un enlace por si queredes ver máis imaxes deste día. Premede no seguinte titular:
No hay comentarios:
Publicar un comentario