Axudáronnos as alumnas e alumnos do bacharelato de artes do IES Monte Castelo de Burela. Vamos contar como fixemos:
1º-Cortamos a cara lateral dun cartón de leite, moldeamos un pedazo de barro e metémolo dentro do cartón.
2º-Con diferentes obxectos e materiais( cunchas, puíños, follas, teas,...) fixemos marcas e relevos no barro para que quedara máis bonito.
3º-Cortamos a parte de arriba doutro cartón de leite, botámoslle auga e escaiola, remexemos ata quedar un líquido espesiño.
4º-Vertemos encima do barro ata encher o cartón.
5º-Deixamos secar a escaiola uns tres ou catro días, logo rompemos o cartón para sacar o barro e deixar o molde de escaiola.
E neste paso quedamos, agora estamos agardando a que seque ben para pintar as nosas pezas e formar un mosaico ben fermoso para colgar nalgunha parede do cole.
Temos fotos do 1º proceso. Cando rematemos ofrecerémosvos máis, agardamos que vos guste!
Agradecemos a colaboración do IES Monte Castelo e damos as grazas ao grupo de alumnas e alumnos e aos seus profes, que tanto nos axudaron e que tan ben nos explicaron o proceso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario