Esta semana temos a visita dos nosos amigos europeos do ERASMUS +. O colexio está preparado para recibir aos nenos e nenas de Grecia, Lituania, Polonia, Portugal, Turquía e Romanía, que xunto coas súas profes, van a estar con nós esta semana.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiIgCl5zNhKo9mpLD1mfXqj95oMeZMtu5MqYEqPE9ftn7lttFdJoKPTRSXwUPdbERARiEyCR34tPw9iX80OIfoXh2NyORy2KMatdinv9ytMkntscOUmm3AmhS7BwPG33YFqXQta9mpZp9Zq/s280/COLLAGE.jpg)
Onte e hoxe foron chegando todos e, despois do gran recibImento que as familias acolledoras lles prepararon, descansan para comezar mañá unha intensa semana de actividades de todo tipo: culturais, deportivas, imos ver unha obra de teatro en inglés, gravar unha canción, facer surf, visitar Santiago, bailar con Pesdelán...Mellor que consultedes a seguinte axenda !
No hay comentarios:
Publicar un comentario