BIBLIOCERVO.2




CURSO 2020/2021

LIA.2

BIBLIOCERVO.2  “COÑECEMOS A MARIÑA LUCENSE E OS TRABALLOS DA NOSA XENTE”
 
 ACHÉGATE A COÑECERNOS: VIDEO


Como tod@s sabedes este é o título do Proxecto Interdisciplinar deste curso e con este motivo, Puca quixo caracterizarse apropiadamente e vestiuse coa roupa que tradicionalmente empregaban e embregan os pescadores e pescadoras da NOSA COMARCA.





Pero este ano é especial... porque Puca ten un novo FOGAR! Un FOGAR renovado, pero que conserva a mesma ESENCIA. 

Queremos aproveitar esta entrada para darvos a coñecer os diferentes espazos da nova biblioteca! 


Seguro que recordaredes que fai un tempiño tivemos a sorte de comenzar a  formar parte da rede de centros LIA.2 e grazas a esta oportunidade puidemos repensar a nosa biblioteca e imaxinar como poderiamos mellorala para todos vós. Así foi como chegamos a este momento... e temos a que esperamos que sexa A BIBLIOTECA DOS VOSOS SOÑOS. 

Esperamos que vos guste! 














































Tamén queremos aproveitar para darvos as grazas a todas aquelas persoas e entidades que colaborades con nós e nos animades a ir mellorando día a día. Especial recoñecemento á Asesoría de Bibliotecas Escolares por esta oportunidade, aos “nosos Pepes”, a Xosé Blanco, artista e amigo e a toda a Comunidade Educativa, personal docente e non docente, familias e en especial aos nosos nenos e nenas, porque sin EL@S o Colexio non sería o que é! Moitas grazas e a gozar de BIBLIOCERVO




CURSO 2019/20



No mes de outubro celebramos o SAMAÍN. O EDLG adaptou materiais sobre esta festa de orixen celta e elaborou estes PUCA QUERE SABER SOBRE...O SAMAÍN.





--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Durante o mes de outubro estivemos afondando no coñecemento da nosa cultura galega e mais en concreto, na SIMBOLOXÍA NA NATUREZA. Cada curso elixiu un tema dos que Puca nos propuxo na carta: o culto ás árbores, o culto ao sol, os símbolos celtas, a influencia e o poder da lúa, o culto aos astros, os milladoiros, as herbas máxicas...Despois de informarnos a través dos , de elixir e tratar a información, de plasmala nun produto final...chegou o momento de poñela en común e ese momento foi o mércores 30. Cada curso de Ed. Infantil e Primaria mostrou  o seu produto final aos demais e todos aprendemos moitísimo uns dos outros.
Os traballos realizados están expostos na entrada do colexio para que todos poidades admiralos. Aquí mostramos algúns.

PUCA QUERE SABER SOBRE...


GUÍA POR UN PALNETA MÁIS SOSTIBLE



FOLLETO LECTURAS NADAL 2019

No hay comentarios: