BIBLIOCERVO.2

19 mar 2013

VISITA Á PANADERÍA DA COSTA (CERVO)



As nenas e nenos do 1º Ciclo visitaron a Panadería da Costa. Alí fixeron pan de maneira totalmente artesanal, e o mellor de todo, trouxeron un riquísimo boliño para merendar.

Aquí tedes a receita por se algún de vós se anima a facer pan na casa:
RECEITA DO PAN DA COSTA
-       Un quilo de fariña
-       600 ml. de auga
-       20 gramos de sal
-       100 gramos de fermento.
Como facelo? Moi sinxelo... mesturamos todos os ingredientes, amásanse moi ben e deixamos que levede a masa durante media hora. A continuación facemos os boliños, con moita paciencia e cariño e cócense no forno a 200 grados durante 45 minutos.

E tanto lles gustou esta visita que ao chegar ao cole fixeron unhas adiviñas, nas que o protagonista era, como non podía ser de outra maneira: O PAN!

Branco por dentro,
Tostado por fóra
Quen adiviñe o que é,
O proba!

Con chourizo ou mortadela
Sempre o merenda Manuela.

Auga, fariña, sal e fermento
Pero moito mellor
Con chocolate dentro!


No hay comentarios:

Publicar un comentario