No Concello de Cervo temos o MUSEO DO MAR, concretamente en San Cibrao e este ano está de aniversario, cumpre 50 anos! Con este motivo organizáronse diferentes actividades pala a celebración e fomos invitados a algunha. O venres da semana pasada, os cursos de 3º e 4º fixemos unha visita ao Museo, onde nos explicaron as diferentes salas e logo deixamos a nosa pegada nunha obra da artista
Violeta Bernardo.
Damos as gracias á rede de museos da provincia de Lugo por contar con nós para este acto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario