BIBLIOCERVO.2

16 abr 2021

A NOSA RADIO DESPEGA!

 Ola de novo, compañeir@s! Hoxe queremos felicitar ao noso benquerido alumnado por diversos motivos. 

En primeiro lugar por participar no CONCURSO para elexir o NOME e LOGO da nosa RADIO ESCOLAR. Fixestes uns traballos tan fantásticos que nos resultou moi difícil escoller, pero ... ao final temos GAÑADORA! Aquí tedes algún exemplo das vosas producións: 












O traballo elixido é o de Aitana de 3º, que fixo a seguinte fermosura: 



Así pois a nosa RADIO xa ten ESPAZO, NOME e logo, esperamos que vos guste! 



En segundo lugar, queremos felicitar ao alumnado de 5º e 6º de primaria que onte, grazas á formación e axuda da asociación Ponte Nas Ondas, aprendeu a editar podcast, a controlar a voz e gravou o seu primeiro programa! A continuación tedes algunha foto desta fermosa actividade. En canto o programa pase por edición porémolo á vosa disposición! 











No hay comentarios:

Publicar un comentario