BIBLIOCERVO.2

17 abr 2021

ABRIL, MES DO LIBRO: PROPOSTA DE ACTIVIDADES


DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL DE 2021

    Ola de novo, lector@s! Como xa sabedes atopámonos inmersos no mes de abril, o noso mes dos libros. Son moitas as actividades que se están levando a cabo nesta tempada e das que xa fomos dando conta neste blog e máis no twitter, pero queremos destacar unha data á que estamos a piques de chegar e que é especialmente querida entre a nosa Comunidade Educativa. 

    O día 23 de abril, como cada curso, conmemoramos o DÍA DO LIBRO e OS APADRIÑAMENTOS/ AMADRIÑAMENTOS LECTORES. Son consciente de que é unha das vosas actividades favoritas porque vos escoito comentalo polos corredores e xa sabedes que eu sempre ando atenta ás vosas palabras e opinións! 

    Este ano, do mesmo xeito que o curso pasado por mor do COVID-19, volverán a levarse a cabo de xeito virtual, pero iso non será impedimento ningún para que sigamos gozando da lectura compartida entre os diferentes niveis e vivindo novas aventuras a traves dos libros. 

Temos para vós varias propostas:

1ª. LECTURAS COMPARTIDAS VIRTUAIS:

Propóñovos ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, padriños e madriñas, que fagades pequenas gravacións de lecturas dramatizadas ou contacontos. Podedes editalos, practicar co croma ou empregar o formato que máis vos guste. Tedes os recursos da biblioteca ao voso dispor! Logo, o día 23 de abril o resto do alumnado, afillados e afilladas, poderán dar conta dos vosos audiovisuais e gozar da experiencia das lecturas compartidas.

Esperamos que o ano que vén poidamos facer estes apadriñamentos de xeito presencial! NADA NOS GUSTARÍA MÁIS! 

Xa empezan a chegar os contos feitos polas MADRIÑAS E PADRIÑOS! Aquí os tedes: 

1. A ESCADA VERMELLA

2. A MANCHAS OU A RAIAS? 

3. DIARIO DE UN GATO ASESINO

4. CONTOS DE RATIÑOS

5. O SAPOCONCHO

6. A BRUXA REGAÑADENTES

7. ANTÓN SI TAL

8. VIDAS SECRETAS

9. A VELLA NA BOTELLA Parte 1, Parte 2 e Parte 3. 

10. PRINCESA KEVIN

11. ACUARIO

12. NO ME LLAMES CHUCHI PUCHI

13. A MIÑA PROFE É UN MONSTRO


2º. UNHA HORA DE LER DIFERENTE: VIVE A LECTURA RODEADO DE NATUREZA

Tamén  quero animarvos a que ese mesmo día saquedes os libros aos patios e sintades a liberdade que nos brinda a lectura e máis rodeados de natureza! 

 

 

3º. PUCA QUERE SABER SOBRE... O DÍA DO LIBRO

 Tamén quero propoñervos que levedes a cabo unha pequena labor de documentación sobre esta data e para iso na seguinte ligazón tedes unha recompilación de recursos que poden ser da vosa utilidade: https://sites.google.com/site/abrilmesdoslibros/ 

4º. AS VOSAS CREACIÓNS E RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

 Finalmente quero compartir con vós algunhas das creacións que me fostes facendo chegar sobre as vosas lecturas favoritas co fin de RECOMENDARLLAS aos demais nenos e nenas do colexio. 

 






 

/p>
/p>
/p>
/p>
Non podo expresarvos con palabras canto me gustaron todas e cada unha delas. Sodes fantástic@s! Seguide gozando dos libros como ata o de agora! Enchédesme o corazón de ilusión!

 

 VIVAN OS LIBROS E A LECTURA!

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario