O 24 de outubro, celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS en BIBLIOCERVO. Nunha primeira sesión estiveron as nenas e nenos de Ed. Infantil e logo, na seguinte sesión , estivo o alumnado de primaria.
Lembramos por que se celebra este día cunha presentación feita por Belinda, a coordinadora da biblioteca e presentáronse os traballos realizados ata agora , sobre o PDI deste curso " CERVO ALÉN DE EUROPA..."
Na sesión de Ed. Infantil escoitaron un fermoso conto adaptado de " Cuentos para dormir", que se titula
Os cursos de 3º e 4º presentaron os murais que fixeron sobre a Unión Europea e os países amigos do Erasmus.
Nas dúas sesións visualizouse o vídeo que realizaron as nenas e nenos de 5º e 6º curso co alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria falando sobre a Unión Europea.
Na sesión de Ed. Infantil escoitaron un fermoso conto adaptado de " Cuentos para dormir", que se titula
EN BUSCA DO PEOR LIBRO DO MUNDO
Nas dúas sesións visualizouse o vídeo que realizaron as nenas e nenos de 5º e 6º curso co alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria falando sobre a Unión Europea.
Para comprobar si estiveron atentos, ao rematar fíxoselles unhas preguntas que podía responder un neno ou nena de cada curso. Si acertaba, levaba para a súa clase un orixinal marcador do PDI deste curso que Puca, coas súas axudantas, tiña preparados. Como todos estiveron super atentos, os marcadores foron para as aulas nas mans do alumando enteradísimo dun montón de cuestións da UE e do Proxecto Erasmus!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario