A piques de finalizar o mes de febreiro tivemos dúas conmemoracións moi importantes para nós.
O 21 de febreiro conmemorouse o DÍA DA LINGUA MATERNA, unha data moi representativa para a nosa Comunidade Educativa que recorda cada día que o "COLEXIO DE CERVO FALA GALEGO", tal e como transmiten as nosas VERBAS MÁXICAS a todo aquel que entra na nosa casa.
24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Como cada curso non quixemos perder a oportunidade de recordar a unha das mulleres máis importantes da nosa historia e das nosas letras, ROSALÍA DE CASTRO, e para iso organizamos varias actividades colaborativas entre todo o alumnado intentando salvar todos os atrancos que a situación actual nos causa e respectando todas as medidas de seguridade.
Desta maneira creamos un COLLAGE COLABORATIVO sobre a protagonista e organizamos un concerto de ROCK! Un concerto no que cantamos e bailamos o xa popular e mítico ROCKSALÍA! Ademais fixéronse CALIGRAMAS e traballos plásticos do máis variado!
Foi todo un éxito e estamos desexando repetir!
1 comentario:
😍😍👏👏👏👏👏
Publicar un comentario