18 abr 2021

CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS ( 2ª Edición)

 

Benquerida, comunidade lectora. Hoxe veño contarvos que logo do tremendo éxito que resultou o primeiro CLUB DE LECTURA de adultos, deste curso, no que se profundou sobre o libro “INFAMIA” de Ledicia Costas, agora vén de comezar unha nova edición. 



Despois da primeira xuntanza en liña, levada a cabo o pasado luns ás 19:30, xa vos podemos confirmar que o libro elixido por maioría foi “LA PUERTA”, do prolífico escritor galego Manel Loureiro. 



Trátase dun libro, publicado pola Editorial Planeta, que sorprende cun thriller ambientado nos misterios e lendas que agocha Galicia e a nosa tradición popular e cultural. Un dos escenarios principais é o Monte Seixo , na provincia de Pontevedra

A editorial ofrece a posibilidade de ler a sinopse completa, ler as primeiras páxinas ou mesmo descargar a súa dedicatoria, só tes que premer na imaxe: 


Tamén podedes ver o trailer na seguinte ligazón: https://youtu.be/dFnUwkWNe6U  

Esperamos que gocedes da lectura! 

No hay comentarios: