O
día 9 de outubro foi a
inauguración da nosa biblio e
aproveitamos para facer unha festa por todo o alto.
Todo
o alumnado e o profesorado xuntámonos na biblioteca para saúdar un
ano máis, a Puca e darlle a benvida despois das longas vacacións de
verán. Ela, que estaba impaciente por ver a todos os lectores e
lectoras que hai no noso cole, xa nos avisara desta xornada a través
do correo e a verdade é que non nos decepcionou nadiña!!
Tíñanos
preparadas un montón de cousas: as
mochilas viaxeiras, as mochilas escornabóticas, o pasaporte lector e
de cine, os itinerarios lectores...
Explicounos
as normas de uso, os horarios, a Hora de
Ler... e convidounos a gozar da lectura, en
todas as súas formas e a experimentar con todas as linguaxes,
facendo especial fincapé no uso da biblioteca como recurso
imprescindible co que aprender a pensar.
Recordounos
tamén que os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria son os seus
AXUDANTES e
poderannos aconsellar na busca de recursos sempre que o desexemos.
Tamén
aproveitamos esta sesión para organizar os horarios das sesións de
FORMACIÓN DE USUARIOS,
que este ano decidimos enfocar hacia a Alfabetización
Mediática e Informacional, para
ensinarlle ao noso alumnado como realizar unha boa tarefa de
investigación respectando os dereitos de uso das imaxes e o material
que circula pola rede; entre outros aspectos, dependendo da idade do
alumnado.
Como
broche final a tantas novidades os axudantes de Puca cantáronnos a
súa canción, para dala a coñecer aos nenos e nenas de tres aniños,
para os que esta experiencia foi toda unha aventura envolta pola
maxia dos libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario