VOZ NATURA

MERENDAS SEN PLÁSTICOS


Ao longo deste curso, os nenos/as de Educación Infantil, xa non empregan manteis de plástico e botellas de plástico de un só uso. Agora empregan nas súas merendas manteis de tea e botellas reutilizables.

LECTURAS SOBRE A RECICLAXE

Estes son algúns dos contos que estamos a traballar en Educación Infantil para tratar o tema da reciclaxe. O nenos/as aprenden sinxelos consellos para coidar o noso planeta.

VISITAMOS O INVERNADOIRO
 

O luns 9 de marzo, os compoñentes do primeiro grupo do obradoiro Voz Natura, foron facer unha primeira limpeza ao invernadoiro do noso centro, pois dentro de poucos días empezaremos a plantar. Tamén elaboramos na aula un pequeno invernadoiro, que primeiro decoramos, e que agora se atopa pegado nas xanelas dos corredores. Estamos esperando..., a que empecen a xerminar as sementes.

UN ANTROIDO SEN PLÁSTICOS

Este curso, o noso antroido estivo adicado ao mar. O alumado do colexio de Cervo fabricou os seus disfraces SEN PLÁSTICO nos diferentes obradoiros que tiveron lugar as semanas previas ao desfile. A temática foi: "Un Mar Sen Plásticos", có obxectivo de concienciar ao noso alumnado na protección do medio ambiente e no respecto á vida submarina.

OS PLÁSTICOS NO MAR NON TEÑEN UN BO FINAL


Dous vídeos para loitar contra os plásticos na natureza, e concretamente, no mar. O obxectivo e concienciar ao noso alumnado de cómo os residuos xerados polos seres humanos contaminan os nosos mares e océanos.

RECICLAMOS NAS AULAS

Este curso, cada aula do CEIP de Cervo está dotada cunhas papeleiras de reciclaxe. Estas papeleiras foron un regalo da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), que no 1º Trimestre viñeron dar unha charla aos cursos superiores sobre a reciclaxe.

CYCLO, TEATRO SOBRE A NATUREZA

No 1º Trimestre, o alumnado do CEIP de Cervo, foi ver unha obra de teatro titulada CYCLO, un espectáculo xestual de marionetas con música no que se trataba o tema da capacidade integradora da natureza.

OBRADOIRO DE VOZ NATURA


No mes de xaneiro puxemos en marcha o obradoiro de Voz Natura. A primeira actividade foi a decoración dunha maceta con material de refugallo (vasos de iogur). Botamos terra, alpiste e regamos. Agora, toca esperar uns días e ver o resultado.

O AMIGO INVISIBLE

No mes de decembro cada alumno/a elaborou un saquiño con material de refugallo (3 anos unha árbore de Nadal con tapóns, os de 4 anos un reno con chapas...). O último día do 1º trimestre os nenos/as descubriron os agasallos que lles deixou o seu amigo invisible.

CONSELLOS PARA RECICLAR

Díptico para ás familias elaborado polo alumnado de Primaria no que se recollen unhas recomendacións para iniciarse na reciclaxe.

PUNTO DE RECOLLIDA
Creamos no vestíbulo do cole un punto de recollida de material de escritura, xa que estamos a participar nun programa de reciclaxe de plásticos.

SIMBOLOXÍA DA NATUREZA

Os alumn@s de 6º de Primaria eleboraron este traballo sobre a simboloxía das árbores. Aquí deixamos un pequeno exemplo dalgunhas das súas aportacións.


MANUALIDADES CON MATERIAL DE REFUGALLO


Os nen@s de 5º e 6º de Infantil, xunto cós nen@s de 1º de Primaria, fixeron ao longo deste 1º trimestre distintas manualidades empregando materiais de refugallo.

MANUALIDADES DO OUTONO
Aproveitando a festa do Magosto e a estación do Outono, os nen@s da Aula de 3 anos realizaron estas sinxelas manualidades: unha castaña para decorar o seu cesto na celebración do Magosto, e unha landra.

ELIMINEMOS OS PLÁSTICOS DOS OCÉANOS

No mes de novembro recibimos a visita de Iria, unha oceanógrafa amiga de Puca, quen explicou aos nen@s de Infantil, 1º e 2º de Primaria a importancia de non tirar plásticos ao mar para que os peixes non queden atrapados.

MONSTROS DO SAMAÍN
Empregando materiais reciclados (caixas de cartón, vasos de iogur), así como gomets e cartulina. Os nen@s de Infantil e 1º de Primaria fabricaron estes coloridos monstros para decorar os corredores do noso centro durante os días previos á celebración do Samaín.

MOUCHIÑOS FEITOS CON MATERIAIS RECICLADOS
Os nen@s de Infantil e 1º de Primaria elaboraron este bonito mural do Outono no obradoiro semanal de "manualidades" empregando materiais reciclados: CD´s, papel de xornais, tapóns...


PROGRAMA DE RECICLAXE DE INSTRUMENTOS DE ESCRITURA
O CEIP de Cervo participa durante este curso 2019-2020 nun programa gratuíto de reciclaxe de instrumentos de escritura.
A comunidade educativa tamén está invitado a participar na recolecta de instrumentos de escritura aceptados no programa e depositalos no centro. (TerraCycle)

"DESCUBRINDO AS ROCHAS QUE PISO"

Os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º realizaron o 17 de outubro unha saída a Burela, para levar a cabo unha ruta xeolóxica. O obxectivo con esta saída de campo foi dar a coñecer, dende o punto de vista xeolóxico, distintos espazos do territorio galego, neste caso, Burela-Areoura. O emprego de láminas en cor de gran formato, mapas e fotografías, axudou aos alumnos/as a mellorar no seu coñecemento e interpretación da paisaxe que lles rodeaba. (aepect)




VOZ NATURA 2019-2020

O obxectivo principal deste curso é a erradicación dos plásticos de todos os ecosistemas. Dende o centro realizaremos actividades orientadas a reducir a producción e consumo de plásticos buscando alternativas máis sostibles e respetuosas co medio ambiente.



AS NOSAS ÁRBORES, MELLOR AUTÓCTONAS!!
Este curso, o título do noso proxecto de Voz Natura foi: AS NOSAS ÁRBORES, MELLOR AUTÓCTONAS. Por este motivo, cada curso escolleu unha árbore típica da nosa contorna para traballar.Nestas imaxes aparecen algúns dos traballos que foron realizando diferentes cursos. Os seus coñecementos quedaron anotados nunha ficha técnica.

COMO MEDRAN!!
 

Nesta imaxe podemos ver o ben que medran as leitugas ou o brócoli. Os coidados semanais dos nenos e nenas do cole están dando moi bo resultado. En pouco tempo, poderán levar á casa os froitos de tanto esforzo.

COIDAMOS DO INVERNADOIRO
Os venres, por parellas ou tríos, imos coidar a nosa plantación no invernadoiro. Regar é o que máis lle gusta aos nenos e nenas. Na imaxe, unha alumna de 1º de Primaria, axuda a dous nenos da Aula de 5 anos.

MOMENTO DE REGAR

Os nenos de 5 e 4 anos regamos os venres. Nestas imaxes podemos ver o ben que están a crecer o brócoli, leitugas e bulbos de gladiolo que plantamos durante o mes de marzo.

OS CASTIÑEIROS VAN CRECENDO...

 
Os 3 castiñeiros que xerminaron no Outono, xa están así de grandes. Dentro de nada teremos que ir buscando un sitio no patio do centro para poder transplantalos...

TRABALLANDO NO INVERNADOIRO

Aproveitando a chegada da primavera, os nenos e nenas de 5 anos plantamos leitugas, brócoli e un par de bulbos de gladíolo no invernadoiro do cole.


RECANTO DE VOZ NATURA
Ao longo do 1º Trimestre, creamos este recanto de Voz Natura. Aquí poderemos expoñer as diferentes actividades que vaiamos realizando relacionadas co proxecto titulado: "As Nosas Árbores, Mellor Autóctonas".


XERMINACIÓN DUNHA CASTAÑA
Aproveitando que temos un precioso castiñeiro no patio de Primaria. Os nenos e nenas da Aula A Fronteira (5 anos), fumos buscar castañas para intentar lograr a súa xerninación. Seleccionamos as mellores (despois de deixalas unha noite en auga, as elexidas foron as que non flotaban). Decoramos unhas macetas reciclando os vasos de iogur da merenda. Metimos a terra e colocamos a castaña sobre ela. Finalmente a tapamos con papel, regamos e esperamos....


PASOS DA XERMINACIÓN DA CASTAÑA E PARTES DO CASTIÑEIRO
No recanto de Voz Natura, os nenos e nenas de 5 anos deixaron rexistrados os pasos que seguiron para lograr a xerminación da castaña. Tamén elaboraron un castiñeiro pintando e picando diferentes partes desta árbore. Finalmente, cada neno e nena foi escribindo unha etiqueta, que máis tarde colocou no seu lugar correspondente.


MANUALIDADE DO OUTONO
Os nenos e nenas da Aula de 4 anos elaboraron esta bonita manualidade empregando follas recollidas no patio de Primaria. Con estes paxariños decoramos o recanto de Voz Natura.


XAIME E AS LANDRAS
Aproveitando a presencia dun carballo no patio de Primaria do noso centro. Os nenos e nenas de 4 anos traballaron no 1º Trimestre o conto: Xaime e as Landras. Esta é unha pequena mostra dalgunhas das actividades que levaron a cabo.


O OUTONO
O outono é unha estación do ano que da moito xogo ás aulas de Educación Infantil. Aquí podemos ver como os nenos e nenas da Aula de 4 anos intentan compoñer a palabra OUTONO, empregando unhas letras decoradas con motivos desta estación.


AS CORES DO OUTONO
No patio do noso centro crecen moitas árbores autóctonas. Cada día os nenos e nenas de Infantil cruzan o patio de Primaria para chagar ao seu, e polo camiño os nenos e nenas de 5 anos comentan ás veces o diferentes que son as árbores en outono. Unhas árbores son de folla caduca, outras perenne, unhas teñen as follas verdes e outras de moitas cores... Nesta manualidade, os nenos e nenas traballaron as cores do outono.


NO SAMAÍN..., CABAZA
Unha das celebracións máis esperadas polos nenos e nenas de Infantil é o SAMAÍN, pois é o momento de arremangar a roupa e manchar as mans (disfrazados ou non). Un bo exemplo, o temos nestas imaxes. Son os nenos e nenas de 4 anos durante o vaciado da súa cabaza.


AS ÁRBORES DO COLEXIO
Os nenos e nenas da Aula de 5º de Primaria visitaron o xoves 17 de xaneiro as aulas de Infantil, onde explicaron aos máis pequenos a importancia de non danar as árbores do noso centro. Elaboraron un libro que deixaron no recanto de Voz Natura a disposición de todo o alumnado do centro.


XACINTOS EN FLOR
Así de bonitos están os xacintos dos nenos e nenas de 5º de Primaria!!


ADOPTANDO DIFERENTES PLANTAS
A aula de 4 anos tomou a decisión de adoptar algunhas das plantas que temos polos corredores do noso cole. Dentro da clase os alumnos/as poden regalas, limpalas..., e aprender moitas cousiñas sobre elas, se necesitan moita auga, se teñen flores, a forma das follas....


PARA MEDRAR MÁIS E MELLOR

As castañas xerminadas no outono na aula de 5 anos xa son pequenos castiñeiros, polo que as súas raíces precisan máis espazo para crecer. Neste mes de febreiro transplantamos os castiñeiros a unhas macetas máis grandes e esperamos que en pouco tempo..., xa as podamos plantar nalgún recuncho do noso patio.








No hay comentarios: