Mostrando entradas con la etiqueta plambe 6. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta plambe 6. Mostrar todas las entradas

16 sept 2010

PLAMBE 6, PROXECTO LENDO E PINTANDO

Esta semana saía no DOG Orde do 3 de setembro de 2010 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2010/2011. Alegrounos moito saber que se nos asignou a cuantía de 1200 euros para invertir en fondos bibliográficos co obxectivo de seguir ampliándoa e convertíndoa no centro de recursos do colexio.
Temos por diante este curso para traballar no novo proxecto que se titula " LENDO E PINTANDO" que  vai ter como eixes a lectura, recreativa e documental e o uso da información. Vai implicar a varias áreas curriculares e transversais e con el o colexio vai ser un centro de lectores, escritores e artistas no que van a participar o alumnado, as familias, o profesorado todo e os artistas do entorno.
De todo o traballo e actividades que realicemos ao longo do curso teredes información neste blog, onde tamén podedes atopar os recursos que vaiamos recompilando na barra dereita , premendo sobre un debuxo  coma este.