Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto: A arte que nos rodea. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto: A arte que nos rodea. Mostrar todas las entradas

8 may 2013

COAS MANS NO BARRO e na escaiola!



O pasado 30 de abril o alumnado de 3º e 4º curso fixemos un obradoiro traballando co barro e escaiola.  Esta era unha das actividades do proxecto "A Arte que nos rodea"  que a biblioteca nos propón este curso.
Axudáronnos as alumnas e alumnos do  bacharelato de artes do IES Monte Castelo de Burela. Vamos contar como fixemos:
1º-Cortamos a cara lateral dun cartón de leite, moldeamos un pedazo de barro e metémolo dentro do cartón.
2º-Con diferentes obxectos e materiais( cunchas, puíños, follas, teas,...) fixemos marcas e relevos no barro para que quedara máis bonito.
3º-Cortamos a parte de arriba doutro cartón de leite, botámoslle auga e escaiola, remexemos ata quedar un líquido espesiño.
4º-Vertemos encima do barro ata encher o cartón.
5º-Deixamos secar a escaiola uns tres ou catro días, logo rompemos o cartón para sacar o barro e deixar o molde de escaiola.
E neste paso quedamos, agora estamos agardando a que seque ben para pintar as nosas pezas e formar un mosaico ben fermoso para colgar nalgunha parede do cole.
Temos fotos do 1º proceso. Cando rematemos ofrecerémosvos máis, agardamos que vos guste! 

Agradecemos a colaboración do IES Monte Castelo e damos as grazas ao grupo de alumnas e alumnos e aos seus profes,  que tanto nos axudaron e que tan ben nos explicaron o proceso!





1 mar 2013

UNHA CAIXA SORPRENDENTE!



O proxecto global sobre a escultura deixou abraiados aos nenos e nenas de infantil. A “Caixa dos Materiais para ulir, tocar, ver e manosear” chegou ás clases dos máis pequenos do cole, e vaia se o pasaron ben!
Descubriron que os materiais poden explorarse con todos os sentidos: mediante o tacto (habíaos rugosos, lixeiros, brandiños...), o olfato (algúns ulían a mar, outros ás árbores...), o oído, pois se os tocábamos facían ruídos moi diferentes (máis secos, máis agudos...) e por suposto coa vista que nos amosaba as cores, e nos axudaba a precisar as formas.
Moito traballaron cos segredos que agochaba esa caixa tan misteriosa... mirade, mirade que fotos máis chulas!