O 20 de abril fomos convidados a visitar a primeira feira STEM de Galicia ( Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), por ser un centro participante no proxecto Escornabots, no EDIXGAL etc. Viaxaron ata Santiago os cursos de 5º e 6º de Ed. Primaria.
Esta feira pretende recoller as iniciativas relacionadas coas aprendizaxes STEM no ámbito educativo e no percorrido que fixemos polos espazos maker vimos impresoras 3D funcionando, robots creados por nenos e nenas, como se montaban os escornabots, gafas de realidade aumentada, creación de efectos con tea croma e un sen fin de experiencias e obradoiros dos que tomamos boa nota para experimentar nós tamén, aínda que xa coñeciamos moitos.
E entre entre saída e saída, tivemos tempo de celebrar una xornada de formación de usuarios sobre os escornabots. Estiveron a cargo do alumnado maior, neste caso foron os de 4º, 5º e 6º quen lles explicaron ao resto das clases ( Infantil, 1º e 2º) como funcionan , cales son os seus movementos, os xiros, as mochilas escornabóticas,etc. etc. E foron eles os elixidos porque durante o curso estiveron traballando con eles, elaborando taboleiros e familiarizándose co seu funcionamento.
Toda unha experiencia o poder compartir aprendizaxes e moi enriquecedora para todos!