9 abr 2021

O COLEXIO DE CERVO ADOPTA O RÍO XUNCO

 

Este curso os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria están levando a cabo o PROXECTO RÍOS, dentro do PLAN PROXECTA. Os seus obxectivos pasan por CONECTARNOS COS RÍOS DA NOSA CONTORNA, no noso caso o RÍO XUNCO e tamén o RÍO COBO; ademais de propiciar a divulgación  da situación ambiental que atravesan os nosos cursos fluviales, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á agua e aos ríos, así como facilitar que o noso alumnado se convirta en voluntario activo na conservación do medio ambiente. 

Neste senso véñense desenvolvendo ao longo do curso diferentes actividades, de xeito integrado no Proxecto da biblioteca e no Proxecto de Voz Natura, intentando contribuír ao cumplimento dos obxectivos plantexados anteriormente. Fundamentalmente a potenciar o ACHEGAMENTO DO NOSO ALUMNADO AO RÍO XUNCO E Á SÚA CONTORNA dende un punto de vista ACTIVO PARA A CONSERVACIÓN DO MESMO. 

A continuación ensinámosvos os maletíns de expertos conservadores do medio ambiente que teñen todo o instrumental preparado para que ao noso alumnado non lle falte de nada cando vaian recorrer as beiras do río! Poderán recoller datos, analizalos e sacar conclusións! QUE PODEMOS FACER PARA MELLORAR O ESTADO DO NOSO RÍO? Seguro que el@s dan coa solución! 



Como apoio a este Proxecto o alumnado de 6º de Primaria dentro da área de ITI (INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN) profundou sobre o RÍO XUNCO, documentouse e elaborou varios tríticos informativos para a Nosa COMUNIDADE EDUCATIVA. 

QUERES SABER MÁIS? 









ÁGORA SÓ NOS QUEDA SAÍR DE EXCURSIÓN! 

ANIMA Á TÚA FAMILIA E SAÍDE A FACER A RUTA DE SENDEIRISMO DO RÍO XUNCO! 


CHEGOU O MES DE ABRIL, MES DOS LIBROS E DA NAI TERRA

 

Deu comezo o terceiro trimestre deste curso tan atípico, pero fíxoo da mellor maneira posible... chegou a primavera e os nosos patios zumegan alegría cos campos verdecentes e as árbores cheas de follas e vida. 

Ademáis estamos no MES DOS LIBROS E DA NAI TERRA e temos moito que celebrar e moitas actividades por facer. Estades preparad@s? Aquí vos deixo a CARTA DESTE MES para que estedes ao tanto de todo o que vai acontecer no Colexio nos próximos días. 


Ademáis déixovos tamén unha mostra de como evoluciona o noso invernadoiro e do traballo que realizan os CERVICULTORES!  SODES XENIAIS! 





2 abr 2021

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

 

Ola, compañeir@s ! Hoxe é un día especial, un día no que, dende BIBLIOCERVO e todas a Bibliotecas Escolares de Galicia,  aproveitamos para reivindicar e recordar  o importante papel que desempeña a  literatura infanto-xuvenil na nosa sociedade

E preguntarédesvos... por que se conmemora o 2 de abril? Pois elixiuse esta data na honra do nacemento de Hans Christian Andersen! Se queredes saber máis cousas sobre este gran escritor de contos só tedes que premer na ligazón.

Tamén tedes que saber que esta conmemoración parte da "Organización Internacional para o Libro Xuvenil"(IBBY), que é unha asociación sen ánimo de lucro fundada no ano 1953. Ten entre os seus obxectivos potenciar o achegamento de libros de gran calidade artística e literaria a todos os nenos e nenas do mundo, respectando e favorecendo a  igualdade de oportunidades


  Pola súa banda, a OEPLI, que é a sección española do IBBY, publicou un cartaz e un boletín informativo que recolle
a mensaxe de Margarita Engle e ilustrado por Roger Mello: A música das palabras

A MÚSICA DAS PALABRAS
Por Margarita Engle

 
Cando lemos, á nosa mente médranlle ás.
Cando escribimos, os nosos dedos cantan.


As palabras son golpes de tambor e frautas na páxina,
paxaros voadores e elefantes trompeteiros,
ríos que flúen, fervenzas que caen,
bolboretas que viran
alto no ceo!


As palabras convídannos a bailar
ritmos, rimas, latexos do corazón,
cascos e bater de ás, contos antigos e novos,
fantasías e verdades.


Esteas cómodo na casa
ou atravesando veloz as fronteiras cara unha nova terra
e unha lingua estraña, as historias e poemas
perténcente.


Cando compartimos palabras, as nosas voces
vólvense música do futuro,
paz, alegría e amizade,
unha melodía
de esperanza.


Ademais tamén presentaron un video con motivo desta conmemoración e e que podes ver a continuación:

 

 

Son eses libros marabillosos, cheos de aventuras e seres fantásticos, os que vos esperan cada día nos andeis de Bibliocervo agardando a que os descubrades e lles permitades vivir a través de vós, da vosa incansable imaxinación e das vosas ganas por descubrir novos mundos e aprendizaxes, onde todo é posible con só atreverse a soñar e a LER

Para rematar queremos deixarvos aquí algunha das ÚLTIMAS NOVIDADES EDITORIAIS que poderedes atopar nas librarías da vosa vila e, á volta das vacacións, na nosa biblioteca!

 





 GOZADE COA LECTURA, AMIG@S!


25 mar 2021

REPRESENTACIÓN TEATRAL: ROSALÍA


 Durante o día de hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria tivemos a oportunidade de achegarnos ao mundo do teatro e ver a obra “Rosalía” de CULTURACTIVA

Como indican na súa páxina web: “ ROSALÍA é moito máis que un achegamento teatral á vida e obra de Rosalía de Castro, é un espectáculo necesario. Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha rapaza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia. Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria por unha equipa de mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras. 

María Rosalía Rita tamén foi nena. As biografías non o contan, pero unha das grandes voces literarias da historia tamén foi nena e foi nena que  cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor”. 

Foi un ESPECTÁCULO precioso, motivador e emocionante e estamos moi agradecidos pola vosa visita ao noso colexio, da man da Diputación de Lugo.












24 mar 2021

QUE LER NESTA TEMPADA PRIMAVERAL

 Boas de novo, amig@s! Xa chegou a primavera a Bibliocervo, as plantas florecen e a enerxía flúe! Estamos a piques de irnos de vacacións e non quero desaproveitar a  ocasión de recomendarvos unhas lecturas a prol da conservación do medioambiente e do respecto á natureza para o voso tempo de lecer. 



Como sabedes, coidar a nosa contorna, protexer o planeta da contaminación, do exceso de plásticos  e axudar a evitar o esgotamento dos Recursos Naturais imprescindibles para a vida son algunhas das misións que temos encomendadas. Polo tanto como sei que vós sodes uns grandes ECO-ACTIVISTAS aos que lles encanta a LECTURA, aquí vos quedan as seguintes recomendacións: Ligazón ao taboleiro de Pinterest










23 mar 2021

DÍA DA POESÍA: “BLACKOUT POETRY”


   Marzo é un mes moi prolífico en Bibliocervo e, quizais porque nos bule a sangue co comezo da primavera,  afloran novas inquedanzas entre o noso alumnado. Nesta ocasión quixemos levar a cabo uns obradoiros poéticos “algo especiais” e así EXPERIMENTAR cunha estratexia nova para CREAR e SOÑAR poesía. 

Trátase da técnica ou estratexia coñecida como “Blackout Poetry”, tamén chamada poesía de ocultamento ou oscurecemento. Consiste en crear unha frase poética a partir de “palabras chave” que atopamos nunha páxina dun libro ou dun xornal, cubrindo de negro as partes que non se empregan na composición. E logo ... botar a voar a imaxinación e dar espazo á manifestación de sentimentos e emocións a través das nosas producións. A continuación queda algún exemplo dos marabillosos traballos que fixo o alumnado:








A NOSA EMISORA DE RADIO AGÁRDATE



 Bo día de novo, compañeir@s! 

Como sabedes fomos un dos centros seleccionados este curso para formar parte do PROXECTO RADIO NA ESCOLA para integrantes do PLAMBE. 

Durante este tempo estivémonos organizando e facendo a selección e a compra daqueles recursos técnicos e tecnolóxicos precisos para botar a andar a nosa emisora. Agora que xa está case montada... precisamos da vosa AXUDA e CREATIVIDADE!! 

Que vos parece si entre tod@s atopamos un nome apropiado e con pegada para a nosa radio? Para isto convocamos un concurso! Animádevos a participar! Podedes entregar as vosas propostas nos buzóns das clases ou en bibliocervo.2@gmail.com. PRAZO: ata o 10 de abril de 2021. 




 Tamén estivemos xestionando a FORMACIÓN para os meus e as miñas axudantes, o alumnado de 5º e 6º de Primaria. E xa podemos anunciar que se levará a cabo o vindeiro 15 de abril da man de pontenasondas.org. Aprenderemos cómo funciona unha emisora, cómo crear un guion radiofónico e faremos o noso primeiro programa de radio! Estou emocionada e seguro que vós tamén!!