Hoxe, 12 de maio de 2020, conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA
ENFERMERÍA, co obxectivo de rendir unha merecida homenaxe a todas as
enfermeiras e enfermeiros; que a nivel mundial realizan esta gran
labor para toda a humanidade. Destacar especialmente a aquelas e
aqueles que, a un nivel moito máis cercano, colaboran con nós día
a día dentro da nosa Comunidade. Esta gran labor que están
realizando, con tanto esforzó e dedicación, resulta moito máis
evidente na realidade que estamos a vivir actualmente e merecen non
só os nosos aplausos senón o noso respecto e o noso recoñecemento
e colaboración na recuperación e mellora dos seus dereitos.
O
alumnado estivo a escribir unhas fermosas cartas de ánimo a todos os
profesionais das diferentes labores esenciais, que podedes ler en
entradas anteriores, pero
nesta ocasión imos a mostrar as últimas que, precisamente, fan
referencia a esta profesión; A ENFERMERÍA e PROFESIONAIS
SANITARIOS.
Ademais,
como Puca non perde ocasión de querer saber máis, nesta data
convídavos a que investiguedes sobre a figura de FLORENCE
NIGHTINGALE, que naceu un 12 de maio e é considerada a fundadora
da enfermería moderna.
Nos seguintes vídeos podedes aprender máis sobre ela:
Estes son algúns libros que nos falan dela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario