A pesar de que este mes de maio, en Bibliocervo, sigue a ser
un mes moi atípico polas circunstancias que estamos atravesando non queremos
deixar de celebrar uns dos eventos máis importantes para a nosa Lingua e
Literatura. Seguimos aberta igual que todas as bibliotecas da nosa comunidade
#bescolaresgalAbertas e temos unhas propostas ben interesantes que facervos.
Prestade moita atención!
Dende fai moitos anos para a nosa Comunidade Educativa Maio é
o MES DAS NOSAS LETRAS e por iso tal e como nos recorda a páxina do
seminariogalan.org estamos a piques de iniciar a conmemoración do Día das
Letras Galegas, como cada 17 de maio. Esta data foi instituída no ano 1963 pola
Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro “Cantares Gallegos”
de Rosalía de Castro, un 17 de maio de 1863 e, deste xeito, homenaxear a
diferentes escritores e escritoras da nosa lingua.
“Cantares Gallegos”
está considerada como a obra literaria que inicia o “Rexurdimento” da nosa
literatura e da cultura galega moderna.
A proposta de celebrar este día veu da man de tres membros da
RAG, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.
A primeira homenaxeada foi precisamente Rosalía de Castro e,
nesta quenda, no ano 2020 correspóndelle unha homenaxe ben merecida a D.
Ricardo Carvalho Calero.
Este escritor, filólogo e lingüista naceu na cidade de
Ferrol, foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da propia RAG e o primeiro
catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de
Compostela.
Asemade, e segundo o propio seminariogalan.org, do seu
traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro
así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho
Calero está considerado un ideólogo que defende que o noso idioma é unha
variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo
de 1990.
A pesar de que algunha das celebracións da RAG quedan
pospostas para o vindeiro 31 de outubro por motivo da COVID-19, este 17 de maio
queremos que siga a ser unha gran celebración. A continuación tedes uns
recursos moi interesantes e divertidos cos que podedes xogar dende a casa e
coñecer máis sobre o noso homenaxeado.
Co noso agradecemento a http://seminariogalan.org, http://primaveradasletras.gal e https://aulasgalegas.org, deles adaptamos materias para o alumnado de Ed. Infantil e de Ed. Primaria e seleccionamos algúns dos seus recursos.
Ricardo Carvalho Calero (1) by Maria fernandez garcia on Scribd
Ricardo Carvalho Calero (1) by Maria fernandez garcia on Scribd
RECURSOS PARA IMPRIMIR POR NIVEIS EDUCATIVOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario