29 jun 2021

O NOSO PROGRAMA DE RADIO: " A MARIÑA LUCENSE, COMO MOLA A NOSA XENTE"

 

Ola a todos e todas! Como o prometido é débeda aquí vos traemos o noso programa de radio " A MARIÑA LUCENSE, COMO MOLA A NOSA XENTE! dende a emisora ONDA PUCA RADIO!  

Este programa de Radio contextualízase dentro do PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO deste curso e considérase un dos seus PRODUTOS FINAIS. A través del pretendimos contribuir ao espallamento da cultura mariñá entre a nosa Comunidade Educativa. Desta maneira o alumnado, logo dunha profunda investigación, deu a coñecer a diferentes persoeiros que destacan ou son importantes para nós por diferentes motivos. 

 Na última parte do proxecto documental, durante o 3º trimestre, propúxoselle ao alumnado que buscara persoeiros da Mariña Lucense que foran especialmente interesantes e significativos para eles, en función da idade do alumnado. Así eliximos escritores, creadores de audiovisuais, mestres, deportistas, o director do cole, o conserxe e outras persoas sobre as que fixeron unha fonda investigación e mesmo entrevistas en directo! A partir deste traballo deseñaron o guion eles mesmos dentro da área de Lingua Galega, no caso do alumnado de Primaria. 

 Sentimos a tardanza na súa difusión, pero esperamos que gocedes escoitándoo. O alumnado pasouno moi ben gravándoo! 






PREMEDE NA LIGAZÓN PARA IR AO PROGRAMA 📻

 

Bo verán, compañeir@s. O ano que vén, MÁIS E MELLOR