O
vindeiro domingo 3 de decembro conmemórase o Día
Internacional
das Persoas con Discapacidade e
na escola celebrarémolo cunha actividade moi especial, o visionado
das curtas “Está ben ser diferente” e “Está ben ter amigos
diferentes”.
O
luns, a nosa biblioteca acollerá a estrea dos vídeos elaborados
entre vintenove centros educativos de toda Galicia, a partir do conto “Está ben ser diferentes” de Todd Parr.
Agardamos
que vos gusten e que disfrutedes deles tanto coma nós disfrutamos
facéndoos!
A
actividade foi organizada polo Departamento de Orientación, o Equipo
de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da nosa
escola, en colaboración coas mestras de pedagoxía terapéutica Mila
Castro do CEE María Mariño e Alba Rodríguez do CEIP Marquesa do
Pazo da Mercé (As Neves).... e non só consistiu na montaxe dos
vídeos, senón tamén na tradución do conto de Todd ao galego e a
pictogramas, coa finalidade de achegar a súa mensaxe a todos os
nenos e nenas.
ESTÁ BEN SER DIFERENTES!
Centros
participantes:
CEIP
de Cervo, CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, CEE María Mariño, CEIP
Pedro Caselles Rollán, CPI Virxe dos Remedios, CEIP Plurilingüe
Vista Alegre, CEIP Manuel Mato Vizoso, CEIP do Castro de Ouro, CEP
Lois Tobío, EEI San Roque, CEIP Plurilingüe de Covas, CEIP de
Currelos, IES da Terra Chá José Trapero Pardo, CPI Dr. López
Suárez Escairón, CEIP Cervo Nº1, CEIP de Luíntra, CEIP Condesa de
Fenosa, IES Muralla Romana, CEIP Plurilingüe Santa Rita, CEIP
Antonio Ínsua Bermúdez, CEIP Antonio Pedrosa Latas, CEIP
Plurilingüe de San Miguel, CPI de Cervantes, CEIP San Miguel de
Reinante, CEIP de Louro e CEIP Aquilino Iglesia Alvariño, CEIP O
Vicedo, CEE Infanta Elena, CEIP As Nogais
No hay comentarios:
Publicar un comentario