Son moitas as actividades e experiencias creativas, de diferentes ámbitos, que desenvolven día a día os nenos e nenas arredor da biblioteca, pero nesta ocasión queremos darvos a coñecer as seguintes:
1. O alumnado de quinto tivo a ocasión de compartir, nunha xornada ilusionante, as súas producións artísticas musicais co alumnado da Escola Infantil San Roque de Viveiro; a través unha videoxuntanza. Encantounos!
2. Os nenos e nenas de tres anos prepararon unha comida terrorífica polo Samaín e durante o MES DO MEDO. Pensaron os ingredientes que precisaban: pan, queixo, xamón cocido e unhas aceitunas e como sería o proceso... e puxéronse a cociñar! FIXERON A SÚA PROPIA MOMIA!
E cando chegou o momento... como xa non lle tiñan medo ningún, COMÉRONA!
A estes heroes e heroínas cada día quédanlles menos medos! Parabéns, amig@s!