Hoxe lembramos a Rosalía de Castro escoitando algún dos seus poemas musicalizados e léndoos no atril da biblioteca. Eliximos o libro Do A ao Z con Rosalía. As nenas e nenos ían saíndo e lendo a poesía que lles tocaba por orde alfabético, mentras soaba a música de Negra sombra ; Airiños airiños aires; Campanas de Bastabales, Adios ríos, adios fontes,...
Pola tarde, mentras resolviamos as cuestións que Puca nos plantexou sobre Rosalía, fixemos unha flor, máis ben un tulipán, onde escribimos versos, para agasallar a alguén querido neste día tan especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario