8 nov 2017

NOVEMBRO, MES DE CIENCIA EN GALEGO.

     


Despois de estar inmersos no mes do medo, chéganos novembro con moita ciencia! Dende as BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA chégannos unha serie de RECOMENDACIÓNS e RECURSOS para traballar ao longo do mes. Tamén podemos ler o MANIFESTO que escribiu a investigadora Peregrina Quintela Estévez.


En BIBLIOCERVO xa nos puxemos mans á obra e a zona de exposicións da biblioteca  acolle unha mostra  de carteis que descargamos da páxina de IGACIENCIA, libros sobre DARWIN e sobre DOMINGO FONTÁN, os científicos que imos a coñecer e traballar este mes.

Para iso, elaborouse un PUCA QUERE SABER...que as nenas e nenos poden facer en grupos colaborativos, nos recreos de ciencia deste mes. 



Por outra banda, seguimos cos proxectos Maker que este curso teñen un aire moi europeo, posto que cada aula vai montar a maqueta dun monumento famoso dos diferentes países da EU incorporándolles melloras, como son, luz, xeo localización, etc.
Pero todas estas actividades están na carta que Puca nos mandou  dos meses de novembro e decembro e que de seguro léstedes na súa entrada!
Seguirémosvos informando do noso traballo!

CARTA DE PUCA MESES DE NOVEMBRO E DECEMBRO

Como ven a carta de Puca destes dous meses!!! Cheíña de propostas e actividades; claro, como novembro é o MES da CIENCIA EN GALEGO, temos moito que investigar e aprender sobre este tema. Menos mal que despois chega decembro: o Nadal, o amigo invisible...lede, lede e xa veredes que ben o imos pasar!!!

OBRADOIROS DE COCIÑA...MONSTRUOSA!!

Ao longo do mes de outubro traballouse o tema de  O MEDO, o SAMAÍN  e o HALLOWEEN na aula Bulebule de inglés, cos recursos que temos recompilados neste blog  e con fondos da biblioteca. Víronse morcegos, arañas, vampiros, cabazas de medo...





 

E despois de tanto traballo, non tivemos mellor forma de rematar o mes de outubro, o mes do MEDO, que con  obradoiros de cociña que nós chamamos monstruosa. Como xa ven sendo habitual no cole, organizamos grupos de nenas e nenos interniveis: por unha banda os de Ed. Primaria e por outra os de Ed. Infantil. En total, cinco grupos cos maiores e ...os  máis pequeniños do cole.
Despois dunha elaborada preparación, tal e como podedes ver nas fotos, xuntámonos todos para dar boa conta da monstruosa merenda, que non lle quita a fame  a ninguén, porque zampamos todo nun abrir e pechar de ollos!!
Estas son as imaxes!!

                           

5 nov 2017

CERVO ALÉN DE EUROPA...E CHEGAMOS A EXIPTO!!!


Este curso estamos moi pero que moi viaxeiros, porque si no proxecto Erasmus viaxamos por Europa, a través dos libros do PLAN ANUAL de LECTURA ( PAL) chegamos a Exipto. Na clase de 5º curso estamos a ler " A ánfora exipcia ", da escritora An Alfaya., que xa nos visitou en cursos pasados para falarnos doutros libros que nos gustaron  moito.


Cando comezamos a lectura, comprobamos  que o libro falaba moito de Exipto, da súa cultura, de animais sagrados...e tivemos curiosidade por saber máis deste país tan diferente ao noso. A través da titora puxémonos en contacto vía vídeo chamada cun neno de orixe galega, pero que vive en Exipto dende os oito meses.Escribimos as preguntas que nos interesaba saber e Adrián, que así se chama este neno, contestounos nun perfecto galego, porque aínda que el vai a un colexio internacional onde estuda inglés e árabe, non esquece a lingua galega, que practica coa súa nai e coa familia galega.
Foi unha conversa moi agradable e serviunos para aprender moitas cousas do Exipto actual, xa que aínda que relacionamos a este país coas momias e os faraóns, Adrián estaba vestido coma nós!!






Días pasados fíxonos chegar á clase un pergamino exipcio e unha libra. Esta experiencia despertou aínda máis a nosa curiosidade, así que agora estamos a coñecer os números exipcios, o seu alfabeto...
Queremos darlle as gracias a Adrián por falar con nós e contarnos tantas cousas, seguimos en contacto!!!

28 oct 2017

OUR SETTINGS ou A NOSA CONTORNA.

Dentro das actividades do PDI anual e do  Proxecto Erasmus “Cervo Alén de Europa: United Throught Creativity” , proponse as familias unha actividade colaborativa que  leva por título “Our Settings” ou “A Nosa Contorna”.
Para levala a cabo enviouselles  ás s familias unha carta explicativa da actividade, que consiste en realizar unha foto do lugar onde viven, pegala nunha cartolina branca tamaño A4, decorar o marco e traela ao cole antes do 10 de novembro. Posteriormente, as nenas e nenos de Ed. Primaria,  na clase de inglés escribirán un poema dese lugar, mentras que os de Ed. Infantil ilustrarano con debuxos ou pictos. 
Finalmente, estes traballos serán dixitalizados para compartir cos nosos socios amigos do Proxecto Erasmus e así dar a coñecer a nosa contorna. No colexio faremos unha exposición no "Recanto Erasmus" que estamos a crear no corredor da entrada.
Así que dende BIBLIOCERVO animámosvos a colaborar e por si tedes algunha dúbida, podedes consultar a carta explicativa neste enlace:

25 oct 2017

“HOXE POÑEMOS ÁS”



Hoxe, 25 de outubro,  é o Día Internacional Pel de Bolboreta, e un ano máis queremos dicir ben alto que “No cole de Cervo levamos ás”
Como sabedes, o pasado día 23 de Setembro colaboramos coa asociación DEBRA na decoración do tren que percorreu Burela durante a celebración da Carreira Solidaria ALAS DE VIDA, e que en agradecemento recibimos un fermosísimo libro.
Hoxe para conmemorar este día, queremos recomendarvos moi especialmente a súa lectura, o libro titúlase “Una Mariposa Diferente”, e de seguro que vos gustará moitísimo!

UNA MARIPOSA  DIFERENTE : Neste enlace pódese adquirir o libro por por tan só un 1€, anímate e colabora, a súa recaudación vai destinada a esta asociación sen ánimo de lucro, e como ben di na súa páxina:

 FAI ALGO SINXELO POR PERSOAS EXTRAORDINARIAS!!!



DÍA DAS BIBLIOTECAS 2017

  O 24 de outubro, celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS en BIBLIOCERVO. Nunha primeira sesión estiveron as nenas e nenos de Ed. Infantil e logo, na seguinte sesión , estivo o alumnado de primaria. 
Lembramos por que se celebra este día cunha presentación feita por Belinda, a  coordinadora da biblioteca e presentáronse os traballos realizados ata agora , sobre o PDI deste curso " CERVO ALÉN DE EUROPA..."

Na sesión de Ed. Infantil escoitaron un fermoso conto adaptado de " Cuentos para dormir", que se titula
EN BUSCA DO PEOR LIBRO DO MUNDO 
e que podedes ler nunha presentación desta mesma entrada.


 







Os cursos de 3º e 4º presentaron os murais que fixeron sobre a Unión Europea e os países amigos do Erasmus.

Nas dúas sesións visualizouse o vídeo que realizaron as nenas e nenos de 5º e 6º curso co alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria falando sobre a Unión Europea.









Para comprobar si estiveron atentos, ao rematar fíxoselles unhas preguntas que podía responder un neno ou nena de cada curso. Si acertaba, levaba para a súa clase un orixinal marcador do PDI deste curso que Puca, coas súas axudantas, tiña preparados. Como todos estiveron super atentos, os marcadores foron para as aulas nas mans do alumando  enteradísimo dun montón de cuestións da UE e do Proxecto Erasmus!!!