Como xa sabedes, celebramos o cumple de Puca cunha gran festa ( seguro que vístedes as fotos no blog), o que non vos ensinamos foron os agasallos que a homenaxeada recibiu. Foron moitos e variados pero aquí vamos mostrarvos unhas poesías do alumnado de 5º e 6º curso.
Visto o cariño que as nenas e nenos do cole lle teñen á mascota, non é de extrañar que se quede tanto tempo na nosa biblioteca!
Puca é unha ratiña
moi resalada
é agarimosa
e tamén ordenada.
Ten a biblioteca
tan recollida
que grazas a ela
temos máis visitas.
Eu quixera verte
algún destes días
para tirarche das orellas
como tu querías.
Sempre me vas
moi ben arreglada
cun bon chaqué
e unha garavata.
Xa me teño
que ir despedindo
e entón mándoche
un dos meus biquiños.
( Claudia, 6º curso)
¡Feliz aniversario!
che digo
meu ratiño,
non cargues con tantos libros
que se che caen
aplástanche o rabiño.
Xa queda pouco tempo
para o teu gran día,
que ilusión,
que emoción,
está nervioso
o teu corazón?
Baila, ata marearte,
come, ata fartarte,
ri, ata que se che canse a boca,
pásao ben ata que remate o día,
non deixes de disfrutalo
aínda que che doia a barriga.
Aquí remata
o meu agasallo,
espero que che guste
haberme escoitado.
( Paula, 6º curso)
No hay comentarios:
Publicar un comentario