25 oct 2010

DÍA DAS BIBLIOTECAS


Aínda que durante todo o mes de outubro vimos realizando actividades en torno á lectura e a biblioteca, o venres 22 foi o día grande:
  •  Enviamos o decálogo para nais e pais ás familias.
  • Algún curso fixo marcadores de lectura.
  • Deixamos as pegadas dos libros polos corredores.
  • Mandamos as primeiras mochilas viaxeiras e os axudantes de biblioteca explicaron en que consistía esta actividade aos cursos que as levaron ( 3º e 5º )
Foi unha xornada ben completa!


No hay comentarios: