Cervo, 24 de maio de 2011
Querid@s amiguiñ@s:
Esta carta é para invitarvos ao meu cumple que será o 31 de maio pola tarde.
Eu tiña pensado ir de tendas para mercar algo de roupa e así cambiar o meu aspecto, porque xa cumplo 3 anos! Estes días que estou sentada abaixo, obsérvovos cando pasades e vexo que todos lucides unhas roupas moi modernas…dádesme unha envidiaaa! Síntome un pouquiño debilucha e ata creo que adelgacei uns quiliños, debe ser que estou cansada de traballar durante o curso, porque este foi un curso especial para a bibloteca co premio tan importante que nos deron! A vosoutros pásavos igual? Bueno, xa logo veñen as vacacións e poderemos descansar!
Como sei que traballástedes moito, non vos pido nada especial de agasallo, seguro que xa tedes algo feito: un conto, unha poesía, un debuxo…A min gústame todo! Eu traerei a tarta de chocolate e procuraremos pasalo ben todos xuntos. Ahhhh! A invitación tamén é para as/os profes, para agradecerlles a súa colaboración e participación nas actividades da biblio.
Non vos esquezades de cantar a miña canción! Ata ese día, mándovos moitos bicos ratunos:
PUCA
No hay comentarios:
Publicar un comentario