A clase de 1º de primaria plantou unha laranxeira no campo onde temos a plantación do cole. Eles aproveitaron para aprender moitas cosas desta árbore e do seu froito. Buscaron información en internet, preguntaron nas casas, á profe,...e con toda a información recollida elaboraron un libro que lle viñeron regalar a Puca á biblioteca. Como son lectores habituais da biblio e colaboran moito no blog, Puca quixo agasallalos con estas bolsas tan chulas para que metan nelas os libros que levan prestados para a casa.
Este é o seu bonito traballo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario