7 abr 2016

BIBLIOCERVO CO CINEMA GALEGO!




Como xa leriades na prensa, tivemos a gran honra de contar coa visita do director de cine Jorge Coira. É unha actividade enmarcada dentro do proxecto anual que coordina a biblioteca e no que participa todo o colexio. Efectivamente, na biblioteca estivemos todos gozando  un montón con este gran director e excelente persoa. Pero quen mellor nolo poden contar son as nenas e nenos de 6º, que  lle  escribiron cartas invitándoo a vir ao colexio. Por exemplo, esta de Iván:



A clase de 6º tamén fixo un resumo do que nos contou Jorge Coira na biblioteca, isto é o máis importante que recolleron:

Empezou a gravar en 7º de EXB curtametraxes cos seus amigos.
Naquela época as cámaras eran moi caras pero seu pai tiña unha.
Explicounos como se fai unha película e que persoas traballan nela: os de son, montaxe, cámaras, luz...
Chamounos moito a atención cando nos explicou como se fan algúns sons como os pasos, a auga, o movemento das mesas, o vento,...
Díxonos que para facer unha película é necesario  ter un guión.
O xénero que máis lle gusta é a comedia, non lle gusta nada o terror.
Fixo unha parte da película “18 comidas” na súa terra natal, Rábade, unha escena dun aniversario onde actuaron algúns dos seus irmáns.
Ten varios proxectos: en España, en Chile, nas Illas Canarias,...
Falounos de que Luís Tosar (moi bo amigo ao que coñece dende os 14 anos) é un actor único, que sabe actuar moi ben, é moi simpático e divertido. Dixo que era un gustazo de persoa e antes, para ir pola rúa, tapábase para que non o recoñecesen . Todo o mundo quere sacar fotos  con el.
Contounos tamén que con Dani de la Torre traballou de luns a venres, nunha sala para a película El Desconocido. Díxonos que fora  un honor tratar de  director a director e que se entenderan moi ben.

Cando gañou o Goya estaba nervioso, por un momento non quería que dixeran o seu nome pero unha vez que o dixeron sentiu.... moita alegría!
Cando se levantou para recoller o premio, abrazouse con Luís Tosar e pareceulle que o tempo se paraba naquel momento.

Foi unha sorte que aceptara a nosa invitación!! 

E xa por último, unhas imaxes deste entrañable encontro que queda recollido no libro de visitas da biblioteca. Moitas grazas, Jorge, por agasallarnos con este gran premio!!! 

BIBLIOCERVO CO CINEMA GALEGO

No hay comentarios: