Que actividades máis fermosas tivemos polo Día do Libro!
Despois dun arduo traballo de investigación e documentación nas aulas sobre Cervantes, Shakespeare e as súas obras, o venres 22, fixemos un maratón de lectura dunha adaptación do libro Don Quijote, da Ed. Edelvives. Pola biblioteca foron pasando todos os cursos de primaria para ler un fragmento desta obra. Logo tivemos os apadriñamentos lectores e pola tarde, rematamos coa visita do escritor ANTÓN CORTIZAS, de quen léramos o libro Rosalía e os equinodermos.Este autor tamén nos falou dalgún xogo ou xoguete popular e ensinounos a facer algún,por exemplo: un chifre para falar cos merlos ou outro feito coa técnica da papiroflexia que se lle chama de diferentes formas, pero que a máis graciosa é "O cu da tía María".
Chegounos a pouco o tempo para estar con el, porque o pasamos xenial! E como é imposible contar todo polo miudo, invitámosvos a que vexades as imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario