Ao longo da Semana das Letras Galegas tiveron lugar varias actividades e actuacións dos centros participantes na exposición OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA que organiza a MICRORREDE de A Mariña. O xoves 12 de maio tocoulle actuar ao noso colexio e ata Viveiro se desplazou unha pequena representación das nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º para intrepretar uns poemas de Manuel María que o profesor de música, Manuel, arranxou para tal ocasión e que podedes disfrutar véndoos neste vídeo.
O resto dos centros participantes tamén fixeron unhas magníficas actuacións que podedes seguir no blog da MICRORREDE
E para rematar, outro magnífico vídeo da exposición no Teatro Pastor Díaz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario