24 jun 2016

A ACTRIZ ROSALÍA CASTRO VISITA BIBLIOCERVO



Non poidamos ter un remate de curso  mellor ca este coa visita da actriz ROSALÍA CASTRO QUELLE, quen puxo o broche final ao proxecto Un cole de película, adicado ao cine. A verdade é que tiñamos merecida esta visita e moi traballada, porque con anterioridade fixeramos un traballo de búsqueda e tratamento da información sobre ela, o alumnado de 4º escribiulle un correo electrónico invitándoa a vir e logo tamén tivemos a mediación dalgunha familia que a coñece para acompañala e traela ao colexio. 
Contounos que estudara na ESAD de Gijón na que obtén a Licenciatura de Arte Dramático, que traballara en varias series: El Comisario, Hotel Almirante, Homicidios, Ciega a citas. Tamén fixo teatro: "Galicia Caníbal,o  musical" de Quico Cadaval, "Othello" de Ariel Cordelia Producións, "El loco sueño de una noche de verano" de Hada Producións, "Alquilo"de Katum Teatro e a comedia de máscaras expresivas"Latidos con h".
Na actualidade está a representar a obra LA PRIMERA MUJER EN LA TIERRA, unha obra da compañía La Smorfia Teatro, escrita por David San Juan, dirixida por German Torres e interpretada por Rosalía.
Trátase dunha peza onde Pandora nos conta dende o presente a súa viaxe no tempo como un mito para converterse en muller, tomando conciencia de ser a única dona do seu destino nunha vida manipulada polos deuses e polos homes. En definitiva, un monólogo que repasa o importantísimo papel da muller ao longo da historia.
Non nos queda máis que agradecerlle a Rosalía a súa visita e confesarlle que deixou en Bibliocervo uns fans moi entusiastas!
VISITA DE ROSALÍA CASTRO QUELLE on PhotoPeach

No hay comentarios: