Presentamos o proxecto anual de centro que como ven sendo habitual, coordina a biblioteca. Este curso participamos no proxecto piloto " ESCORNABOTS" convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ,
unha iniciativa incluída no Plan LÍA de Bibliotecas Escolares e
destinada aos centros de infantil e primaria que están integrados no
Plan de mellora de bibliotecas escolares. Ao noso centro déronlle en xuño dous escornabots: un montouno a coordinadora na docencia que tivo en Santiago sobre este tema e outro montámolo entre todo o equipo de biblioteca, en xuño. Aquí podedes ver o vídeo do proceso:
En setembro recibimos outros dous escornabots que montamos co alumnado, porque durante este curso, dende BIBLIOCERVO, vamos afondar no coñecemento do mundo da robótica,na linguaxe de programación... sen esquecer uns aspectos que nos caracteriza dende fai anos: A Arte e o entorno que nos rodea, De aí a xustificación do título do proxecto:

Xa que imos aplicar a robótica para coñecer mellor A Mariña Lucense, con divertidas e entretidas actividades que poñeremos a andar mañá 30 de setembro, co primeiro obradoiro que teremos para resolver unha caza do tesouro, montar os robots,etc, etc.
Todos os materiais e recursos que se vaian elaborando van estar centralizados nunha páxina á que podedes acceder dende o lado dereito do blog, premendo neste imaxe:
Que ben o imos pasar!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario