O 25 de novembro nas diferentes aulas do cole traballouse arredor deste tema empregando os recursos que temos recompilados neste blog: contos, cancións, curtas, libros...que podedes atopar premendo nesta imaxen.
Tamén podedes visitar neste PINTEREST os recursos de Bibliocervo sobre o maltrato e a violencia de género.Queremos poñer así, o noso gran de area para que no futuro non teñamos que adicar unha data a este tema, porque como di
Ban Ki-moon, Secretario Xeral da ONU:
"«A violencia contra as mulleres e as nenas é unha violación dos dereitos
humanos, unha pandemia de saúde pública e un grave obstáculo para o
desenvolvemento sostenible. [ ] Sae moi cara ás familias, as comunidades
e as economías. [ ] O mundo non se pode permitir pagar ese prezo».
No hay comentarios:
Publicar un comentario