28 dic 2016

COÑECENDO A MARIÑA LUCENSE



Enmarcada dentro do proxecto anual de centro que coordina a biblioteca estivo esta saída pola Mariña Central para coñecer o Centro de Interpretación da Faba e a Cooperativa Terras da Mariña,en  Vilanova de Lourenza  aproveitando que este ano 2016, que está a piques de rematar, foi declarado pola FAO  o Ano internacional das Leguminosas .
Rematamos esta saída coa visita  ao  Castelo de Castrodouro en Alfoz para ver o traballo do zoqueiro Alberto Geada e escoitar a explicación de  José Blanco sobre a creación da figura que representa  a Torre Fortaleza do Mariscal Pedro Pardo de Cela, que el mesmo deseñou e se  realizou na Cerámica de Sargadelos. 
Voltamos para o cole cunha morea de experiencias e de novos aprendizaxes!

No hay comentarios: