5 abr 2017

CELEBRAMOS A CARREIRA SOLIDARIA

Por fin tivemos unha semana de bo tempo para celebrar a Carreira Solidaria! E non só iso, senón que tamén visitamos un hospital de campaña, unha UVI móbil e dúas ambulancias de traslados. Todo isto organizado pola ANPA en colaboración coa empresa AMBULANCIAS BURELA e o Proxecto Salvavidas da Consellería de Sanidade, do que xa vos falamos  nunha  entrada anterior. Aproveitando a asistencia da Comunidade Educativa á Carreira organizáronse obradoiros de RCP, visitáronse os medios alí expostos e vendéronse pulseiras co obxectivo de conseguir un desfibrilador para o colexio.
Grazas a toda a xente que colaborou para que esta xornada fose realmente SOLIDARIA

 



No hay comentarios: