Días pasados, as nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria
participaron nunha actividade medio ambiental proposta polo Concello
de Cervo e a Fundación ALCOA. A xornada consistiu na plantación de
200 árbores autóctonas nas inmediacións da Piscina de Lieiro.
Coa
axuda dos voluntarios de ECOHERENCIA, unha sociedade cooperativa
formada por profesionais especializados en restauración ecolóxica e
educación ambiental, o alumnado plantou acivros, castiñeiros e
ameneiros.
E
unha vez máis, traballouse na concienciación da importancia do
coidado da natureza e respecto polo bosque autóctono galego.
Para
seguir traballando neste senso, Puca quere recomendarvos estes catro
libros que podedes atopar na biblioteca:
- GUÍA DAS ÁRBORES DE GALICIA de Henrique Nino Ricoi e Calros Silvar. Editorial Bahía.
- AS ÁRBORES. ENCICLOPEDIA TEMÁTICA ILUSTRADA. Editorial A Nosa Terra
- MONTES E FONTES. GUÍA DAS ÁRBORES DE GALICIA de Marisa Castro, Luis Freire e Antonio Prunell . Editorial Xerais.
- A ÁRBORE. Biblioteca Visual altea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario