Esta é a proposta de actividade para o Día Internacional da Muller Traballadora: un Puca quere saber sobre as mulleres galegas na historia.
Este caderniño pódese completar nos recreos da biblioteca, nas aulas, en pequenos grupos...segundo as titoras acorden co seu grupo de clase. Botádelle unha ollada que está moi interesante e ademais, xa sabedes que é un traballo polo que se pon unha estrela no pasaporte, a canxear por agasallos a finais de curso!
Enlazamos, ademais, dous taboleiros en Pinterest, de Pilar Sampedro, experta en Literatura Infantil e Xuvenil que formou parte do equipo de Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. e que ven de publicar co gallo da celebración dos 25 anos da publicación de Rapazas de Agustín Fernández Paz. Nestes taboleiros atoparedes unha selección de títulos para a igualdade, moi necesarios en todas as bibliotecas escolares.

- Taboleiro de libros dirixidos ao lectorado infantil.
- Taboleiro de libros dirixidos ao lectorado xuvenil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario