Proximamente dúas nenas e un neno de 6º de Ed. Primaria viaxarán ata Grecia para realizar actividades con outros compañeiros e compañeiras dos países participantes do ERASMUS +, acompañados de dúas profesoras. Os que non viaxamos quixemos participar nesa estupenda experiencia e saber o que se sente nos momentos previos ao embarque nun avión, as medidas de seguridade do aeroporto, etc. etc. Para iso viaxamos ata A Coruña, ben cediño, para estar alí ás dez da mañá, ver como é o aeroporto por dentro e logo pasar o control no autobús para visitar os seus exteriores.
Unha guía acompañounos en todo momento polo recinto. Estivemos cos falcoeiros, dous rapaces que nos explicaron e ensinaron o traballo que realizan os falcóns no campo do aeroporto, que consiste en asustar as aves que se acercan por alí e así evitar que impacten contra os avións e poidan ocasionar accidentes.
Estivo moi interesante tamén, a visita á nave dos bombeiros. Explicáronnos o rápido que se tiñan que vestir e preparar en caso de ter que actuar, ensináronnos as roupas, ferramentas e os camións. Eses si que molaban!Eran enormes e disparaban auga con moitísima forza!
Despois trasladámonos ata a cidade de A Coruña, onde xa estaban os nosos compañeiros de 3º, que mentres foron vivistar os estudios de La Voz Audiovisual, no polígono de A Grela. Coñeceron os escenarios e fixeron fotos cos actores que estaban gravando a serie Serramoura.
Unha vez todos na cidade, fixemos unha ruta turística cunha guía, empezando na plaza de María Pita e acabando no Museo desta heroína coruñesa. Moi interesante toda a historia que a gran maioría non coñeciamos!
Despois de tanta ruta, estabamos cansos e famentos, así que recuperamos forzas cun suculento xantar nun restaurante e logo xa regresamos a Cervo, non sen facer antes unha paradiña nunha coñecida área de servizo do camiño para mercar algo.
Foi un día moi intenso, pero aprendemos moitíiisimas cousas novas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario