Maio está sendo un mes moi activo na nosa biblioteca, posto que recibimos a visita de dúas autoras, Antía Yáñez e María Canosa. A primeira escribiu o libro " O misterio de Portomarín", incluído no Plan Lector Anual e que leron as clases de 5º e 6º.
A outra autora que nos visitou foi María Canosa. Dela leron "Muriel" as nenas e nenos de 5º e 6º e "A cazadora de estrelas " os de 4º. Ambos os dous do Plan Lector Anual.
Sempre nos encantan estas sesións cos autores e autoras, porque aproveitamos para facerlles preguntas sobre os libros, para aclarar dúbidas que quedaron ao rematar a lectura ou simplemente para escoitar as anécdotas que nos contan. Ah! Algo que nos gusta moito é que nos firmen os libros, agasallalos cun traballo plástico e creativo e co calendario do colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario