Xa informamos en anteriores entradas que na semana do 7 ao 10 de maio tivo lugar en Viveiro a Exposición dos traballos A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO. Tamén informamos do programa de actividades dinamizadoras realizadas. Unha delas foi protagonizada pola COMPAÑÍA DE TEATRO infantil ADALA de Fazouro, que representou a obra
MAMASIÑA QUE MEDO
baseada no libro do mesmo título, da escritora Chus Pereiro.
Nesa compañía actúan nenos e nenas do Colexio de Cervo: Manuela, María e David e ademais fano estupendamente! Uns grandes artistas a quen queremos dar os parabens por tan magnífica actuación. BRAVO,BRAVO e BRAVO!!
Aproveitamos para mostrar unhas imaxes da inauguración da exposición, onde o noso alumnado participou cantando a canción MATRIARCAS, de GAUDÍ GALEGO, e un vídeo da inauguración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario