Xa
estamos na Semana das Letras Galegas, e Puca está moi intrigada...
Quen é Antón Fraguas?
Ela
xa sabe que é o escritor ao que se lle adica este ano o Día das
Letras Galegas, pero que saber moito máis!
Para
iso preparou un divertidísimo PUCA QUERE SABER no que poderemos
aprender moitas cousas sobre a súa vida e obra, a través do
traballo cos escornabots.
En
bibliocervo xa están dispoñibles 5 xogos cos seus taboleiros
temáticos de Antón Fraguas. Están tamén os materiais para todos
os xogos e unhas instrucións de uso para que non teñades ningunha
dúbida.
Aquí
vos deixamos os PDF con toda a información necesaria para xogar.
Canto aprendemos xogos escornabóticos, neste enlace de Twitter tedes un vídeo do alumnado de 5º e 6º empregando este material:
https://twitter.com/CEIP_de_CERVO/status/1128669171909312512Ademais na entrada na escola, ao ladiño do Recuncho Erasmus e da exposición da Microrrede da Mariña que leva como título "A poesía que sentimos. Poesía Inclusiva", podedes ver a LIÑA TEMPORAL BIBLIOGRÁFICA que estivemos elaborando entre todos os cursos de primaria... Moito escribiu Antón Fraguas, case quedamos sen espazo para poñer todos os seus escritos.Canto aprendemos xogos escornabóticos, neste enlace de Twitter tedes un vídeo do alumnado de 5º e 6º empregando este material:
Por último tamén queremos dar as grazas ao ANPA que nos fixo brincar co grupo FOLES DE VIVEIRO , que puxo o broche musical a un día moi especial, o día das nosas letrs, O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario