21 abr 2020

22 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DA TERRA NAI

Mañá 22 de abril, é o DÍA INTERNACIONAL DA TERRA NAI. Foi a Asemblea Xeral da ONU quen designou o 22 de abril como Día Internacional da Terra da Nai mediante dunha resolución que adoptou no ano 2009.
Segundo podemos ler na páxina da ONU, a TERRA está sufrindo por moitos motivos: os incendios de Australia, os maiores rexistros de calor terrestre, invasión de lagostas en Kenia...E agora estamos co COVID-19, unha pandemia sanitaria global cunha forte relación coa saúde do noso ecosistema.
O cambio climático, os cambios na natureza provocados polo home, así como delitos que perturban a biodiversidade, como a deforestación, o cambio de uso da terra, a produción agrícola e gandeira intensiva ou o comercio ilegal de animais salvaxes, poden aumentar o contacto e a transmisión de enfermidades infecciosas de animais a humanos.
A Nai Terra está a mandarnos unha mensaxe e pídenos que actuemos, que lembremos a necesidade dun cambio cara a unha economía mais sostible e que necesitamos promover a harmonía coa natureza e a Terra.
O Equipo de Voz Natura do colexio, quere colaborar nesta celebración, con este pasapalabra, para que estes días que non podemos saír a disfrutar da natureza, tomemos conciencia e escoitemos a mensaxe que A NAI TERRA nos está a mandar!

No hay comentarios: