Hoxe, martes 28 de abril, conmemórase o Día da Educación Física na Rúa, pero como ben sabedes, este ano temos que facelo doutra forma, así que celebraremos o "Día da Educación Física na Casa". Por iso, un grupo de profesores de Educación Física de once centros da Mariña, entre eles a nosa profe Cris, fannos unhas propostas moi divertidas...Mirade, mirade!!
E Cris mandou esta carta ao alumnado fai uns días:
24 Abr 2020 13:51
Europe/Madrid
Ola chicos/as!!
Espero que vos atopedes todos moi ben, xa sabedes que queda pouquiño para que podades sair un ratiño da casa, sede moi responsables nestas saídas e disfrutádeas!!
Estou moi preocupada porque NON ATOPO A BRINCO!!!, así que preciso da vosa axuda. Este luns (27 de abril) estade moi atentos/as porque vos presentarei unha nova proposta de Educación Física baseada en distintos retos que tedes que ir conseguindo para axudarme a atopalo, e á vez que sigades activos e o pasedes ben. Puxen moita ilusión preparando este novo traballo esperando que vos guste moito e que participedes.
Ademais, o martes que ven, 28 de abril, sería o Día de Educación Física na Rúa, pero como sabedes, este ano temos que cambialo polo Día de Educación Física na Casa. Este día celebrarémolo dunha forma especial en colaboración con moitos outros centros da Mariña. Así que estade ben atentos!! Un saúdo para todas e todos e animádevos a participar, que será moi divertido!!!
(Aclarar que Brinco é a mascota do ximnasio, a quen queren moito todas as nenas e nenos)
26 Abr 2020 20:53
Europe/Madrid
Ola chic@s! Preciso da vosa axuda urxentemente!!
Como vos dixen o outro día, estou moi preocupada por Brinco, xa que non o atopo, queredes axudarme a buscalo? Si é así pinchade na imaxe de abaixo e levaravos a vivir unha aventura moi divertida. Lede atentamente as instruccións e comezade xa a participar no primeiro reto que vos propoño para esta semana.
¡¡Espero que o disfrutedes!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario