2 abr 2020

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN


Este día celébrase o 21 de marzo dende o ano 2012, por mor dun decreto establecido polas Nacións Unidas. O obxectivo principal desta data, é concienciar á sociedade do valor que teñen estas persoas, a pesar da súa discapacidade intelectual e reivindicar os seus dereitos e independencia para tomar as súas decisións e o seu crecemento persoal.
Dende o Departamento de Orientación achegáronnos este folleto para repartir ás familias. Como foron datas de parón, ao mellor non chegou a todas elas, así que aproveitamos para subilo aquí e así poder velo toda a comunidade educativa. Nel atopamos lecturas recomendadas, películas e outros materiais interesantes que podedes aproveitar para consultar e ver nestas datas de corentena.




No hay comentarios: