11 may 2021

AS PEZAS ÚNICAS XA TEÑEN DESTINO

 Como ben sabedes, cada curso polo Mes das Letras as nenas e nenos do noso colexio preparan con moito cariño as súas PEZAS ÚNICAS. Trátase de fermosas poesías feitas co corazón, onde participan dende os máis pequeniños ata os máis grandes, pero coa mesma ILUSIÓN. 

Queremos compartir con vós varias cousiñas... 

Por unha banda, unha carta recibida hoxe dende a Oficina de Información e Turismo de Santiago de Compostela e que nos encantou! Viña acompañada duns puntos lectores e calendarios sobre o Camiño De Santiago fermosísimos! Moitas Grazas compañeir@s! 




Por outra banda, queremos deixarvos unha mostra das pezas artísticas que viaxarán a Santiago de Compostela nos próximos días para repartir entre os peregríns e visitantes da cidade, durante a Semana das Letras Galegas. 

Recordade que, de ser afortunad@s receptores das pezas, estaremos desexando que contactedes con nós é nos expresedes a vosa opinión!!! 









No hay comentarios: