7 abr 2017
MOCHILAS ESCORNABÓTICAS
Si, si...léstedes ben! Mochilas Escornabóticas!!!! Ademais das mochilas viaxeiras, agora temos unhas Escornabóticas para levar ás aulas en empréstito, con escornabots, taboleiros, etc. para poder practicar nas clases. Así que dicídelles ás profes que vaian rápido pola biblio porque de momento, só temos dúas!!!!
Pasádeo ben con elas!!!
CAMPAÑA RECOLLIDA MATERIAL ESCOLAR PARA NENOS E NENAS DO SAHARA
Despois de ler un dos libros do Plan Lector Anual, O agasallo de Anya da autora Sabela Núñez que logo nos vai visitar, quedamos moi sensibilizados cos nenos e nenas que por diferentes motivos, non teñen medios ou recursos para ir a escola. Algo tan básico como lápices, gomas, folios, cores...que nós seguramente temos a montóns, sabemos que outros carecen deles. Por iso nos pareceu que un bo remate para a lectura deste libro, sería levar a cabo unha campaña de recollida de material escolar para enviar ao Sáhara, xa que a Ucraína resulta un pouco difícil de facer chegar.
Así que animámosvos a colaborar para que outros nenos e nenas poidan ir á escola!!
Grazas en nome do Colexio e en especial do Equipo de Biblioteca!!
TEATRO DE SOMBRAS
Os
nenos e nenas de 4º acaban de rematar, na área de Educación Física
en colaboración con Expresión Plástica, unha Unidade Didáctica
titulada “Luces e sombras”, na que traballaron a expresión
corporal a través do teatro de sombras. Para conmemorar o Día da
Muller Traballadora, interpretaron para todo o cole dúas obras
baseadas nos libros de Adela Turín “Arturo y Clementina” e “Una
feliz catástrofe” que tratan sobre a igualdade de xénero.
5 abr 2017
CELEBRAMOS A CARREIRA SOLIDARIA
Por fin tivemos unha semana de bo tempo para celebrar a Carreira Solidaria! E non só iso, senón que tamén visitamos un hospital de campaña, unha UVI móbil e dúas ambulancias de traslados. Todo isto organizado pola ANPA en colaboración coa empresa AMBULANCIAS BURELA e o Proxecto Salvavidas da Consellería de Sanidade, do que xa vos falamos nunha entrada anterior. Aproveitando a asistencia da Comunidade Educativa á Carreira organizáronse obradoiros de RCP, visitáronse os medios alí expostos e vendéronse pulseiras co obxectivo de conseguir un desfibrilador para o colexio.
Grazas a toda a xente que colaborou para que esta xornada fose realmente SOLIDARIA
CARTA DE PUCA, MES DE ABRIL
Seguimos con novas propostas de actividades para este mes; isto é o que a nosa mascota nos propón e despois de ler a súa extensa carta, ben podemos chamar a esta tempada PRIMAVERA DAS LETRAS, como nos propón a Real Academia Galega para lembrar a Carlos Casares, pero iso deixarémolo para maio!!
VISITAS DE AUTORES E CONTACONTOS
O mes de marzo foi un mes moi prolífico en visitas de escritores e conta contos. Tivemos con nós a Daniel Hernández Chambers, a David Sifres e a Iago López, autores de tres libros do Plan Anual de Lectura: El secreto de Enola de Daniel H. Chambers; Que viene el diluvio e El faro de la mujer ausente de David Sifres e O cociñeiro Martiño de Iago López.
Pasámolo xenial con todos e apreciamos as calidades que hai que ter para ser escritor: creatividade, imaxinación, gusto pola lectura e escritura...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






